Arte O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle dúas exposicións e o vindeiro 20 de outubro estreará unha nova titulada «A mostra invisible»
14 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?n domingo é tan bo día coma outro calquera para visitar o Marco, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Na actualidade, os visitantes poden ver dúas propostas moi diferentes. No primeiro andar, atópase a exposición Pintura mutante na que se amosa o traballo de 16 artistas que viviron e viven a crise da renovación pictórica. Habia moito tempo que non se podía ver pintura no Marco. Nesta ocasión, se recolle as visións de artistas nados ao redor dos anos sesenta. Os protagonistas con Pablo Alonso, Nono Bandera, Toño Barreiro, Bosco Caride, Salvador Cidrás, Arancha Goyneche, Enrique Marty, Din Matamoro, Teresa Moro, Manu Muniategiandikoetxea, Marina Núñez, Eltono & Nuria, Juan Rivas, Simeón Saiz Ruiz, Teo Soriano y Daniel Verbis. Tres destes artistas son vigueses. 60 obras Pintura mutante reúne preto de 60 obras entre as que se inclúen pinturas, dibullos e instalacións coa utilización das máis variadas técnicas pictóricas sobre diferentes soportes. Precisamente o título e eixo temático da exposición alude á capacidade de transformación e adaptación da pintura, e a súa contaminación con outras técnicas, procesos e medios artísticos. Esta exposición pódese ver ata o vindeiro 7 de xaneiro do ano 2007. Espazo anexo Na cara traseira do museo atópase o espazo anexo, adicado a amosar a arte dos novos creadores galegos. Neste intre acolle o proxecto Espazos de Recreo, do artista Martín Pena, unha obra coa que se inaugura en Vigo o Proxecto Edición e que ten como punto de partida a creación dun arquivo documental a través da recopilación de imaxes, testemuños e experiencias vencelladas cos patios de recreo das escolas de Galicia. Martín Pena (A Coruña, 1974) di que o seu traballo neste caso é «como una gran fotografía que se hace sin usar la cámara. Para ello recurro al artefacto inventado por mí, que es esta exposición elaborada a través de otras personas». Para comezar este proxecto, o primeiro paso foi enviar unha carta a todos os colexios. A súa participación é parte esencial desta iniciativa, por iso convidaron a enviar fotografías e todo o material que consideraron oportuno relacionado cos seus patios de recreo, incluindo comentarios de alumnos e mestros, dibulls, historias e propostas para a mellora destes lugares. O Marco abre as 11.00 horas.