«O hip hop é unha forma de vida»

Cristina Prado VIGO

VIGO

Entrevista | Dios ke te Crew O Urbanx Festival hip hop da hoxe o pistoletazo de saída no Ifevi a dous días cargados de creatividade, adrenalina e sobre todo, boa música

24 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?rranca o Urbanx Festival hip hop onde se darán cita miles de afecionados a esta cultura. Con zona de acampada gratuíta, a vida no Ifevi comeza ás dez da maña, hora na que darán inicio as actividades, prolongándose ata as sete da tarde, cando comezan os concertos. O Puto Coke será o encargado de inaugurar esta pasarela pola que desfilarán unha vintena de artistas da talla dos americanos The Beatnuts ou os franceses Saïan Supa Crew. Hoxe subiránse o escenario formaciones coma La Excepción, Falsa Alarma, Dealema, Irak, Eiphomega... Os que queiran ver ós galegos Dios ke te Crew ca súa espectacular posta en escena terán que agardar ata mañá. Esta extensa formación con sede en Ordes mestura arte, música e baile creando unha atmósfera que traspasa o escenario trasladándonos a unha improvisada rúa onde calquera pode participar. ­-¿Como son as orixes de Dios ke te crew? -Todo comezou cando nos xuntabamos na casa de Murdock alá polo 95 para rapearlle un pouco, isto levou a formar 5 Talegos, anos máis tarde xurdíu o grupo Ghamberros, co tempo decidimos xuntarnos, pois ensaiabamos no mesmo local e todos eramos colegas desde pequenos. As outras vertentes do colectivo chegaron co tempo. No Festigal 2003 nace a Dios Ke Te Crew. -¿Cantos sodes no grupo? -Somos moita xente, na parte músical estamos Sokram, García, Jamas, Mou e Fredi. Dj Murdock dirixe a orquesta dende os platos, na parte do graffiti estan Seko, Osiriss, Aiser, Sont, Gum e Kerg. Tamén está Pulho na mesa de mezclas e Nacho nas luces. Para o concerto do sábado tamén van participar os Breakers In-The-Cisos de Vigo. -¿Por que hip hop en galego? - Foi o que máis nos chegou. O Hip Hop é un estilo, un xénero, unha forma de vida, como queiras chamarlle; nós utilizámolo como unha forma para expresarnos. Rapeamos en galego porque é a nosa lingua. O idioma non nos limita para nada á hora de saír fóra, a música é universal. -¿De que falan as vosas letras? - De todo un pouco, dende a crítica social ata a festa e as vivencias máis persoais. -¿Quen os influiu máis? - Máis ben grupos da vella escola: Public Enemy, A Tribe called Quest, B.D.P., Das EFX, N.WA, etc. -¿Como é a vosa posta na escena? -Xuntamos no escenario rap, turntablism, graffiti e break. O directo é o noso punto forte.