Curso para a obtención de diplomas de directivos da Xunta

La Voz

VIGO

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e Caixanova colaborarán na organización do curso para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia que se impartirá a partir do próximo mes de setembro. Así se desprende dun convenio asinado onte entre o director da EGAP, Antonio Izquierdo Escribano, e o director xeral de Caixanova, José Luis Pego Alonso. A través deste curso se pretende introducir aos empregados públicos con responsabilidades directivas nas técnicas de xestión e as habilidades necesarias para liderar equipos de traballo de alta dirección pública, desenvolvendo competencias directivas innovadoras. Segundo o director da EGAP, «isto é só o inicio dunha colaboración estratéxica coa Escola de Negocios de Caixanova que terá continuidade».