Os traballadores da empresa de limpeza Maconsi, que prestan os seus servizos en diversos edificios administrativos da Xunta de Galicia, se concentran hoxe nos edificios oficiais para esixir equiparación laboral e salarial co persoal da administración autonómica, cos que comparten tarefas pero en condicións de desventaxa. As concentracións convocadas, conxuntamente por UGT y CC. OO. terán lugar entre as 12.00 e as 12.45 horas diante dos edififcios administrativos da praza da Estrela en Vigo e da praza Luis Seoane de A Coruña. Con estas mobilizacións preténdese extender as condicións de equiparación que xa teñen os traballadores de Maconsi nas dependencias administrativas de Santiago de Compostela ao resto dos edificios administrativos do resto de Galicia, e incluso aos traballadores de Maconsi no centro administrativo que a Xunta mantén en Madrid. Os traballadores da empresa de limpeza iniciaron estas mobilizacións ante a falta de solucións ante un feito que «é discriminatorio».