Entrevista | Teresa Moure A autora de «Herba Moura» estivo a tardiña de onte na Feira do Libro de Vigo asinando exemplares da súa última novela, a máis comprometida coa muller e as súas paixóns, as cales reivindica
06 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?eresa Moure é doutora en lingüística, profesora na Universidade de Santiago de Compostela, ten varios libros publicados e é posuidora dalgúns galardóns literarios. Herba Moura é unha novela que transcorre no século XVII, cando o movemento racionalista percorría tódolos aspectos da vida. Namentres na historia mestúranse as vivencias e paixóns dos persoaxes. A autora vota unha ollada crítica o papel da muller na historia. -Vendo a súa traxectoria profesional, sente que ainda lle quedan cousas por facer? -Si claro, ¡espero espero que si! Todo o que me queda é moito, sempre quedan cousas por facer. -¿Por que escolles o tema das paixóns e os sentimentos? -Hai un pensamento dominante no século no que trascorre a historia onde o bo é a razón, que lle toca ó home, e o malo é a paixón, que lle toca as mulleres. Trataríase de reivindicar que non pasa nada por ser pasionais. As mulleres non queremos ser racionais o dereito tan perdido a ser racionais, se non que o que reivindicamos é ser animais, emotivos, ser pasionais. -Entón pensa que deberiamos liberarnos máis do pensamento e darlle máis importancia o corazón. ¿Qué propósito persegue con esta novela? -Eu non pretendo aconsellar, non é un ensaio, nin o pretendo, se non que o que procurei foi construir unha historia donde se vexan algúns dos problemas que ten o home, que ten a humanidade, que ten tamén a academia, e o mundo do coñecemento por térense sinestrado. -¿Demostran algo as mulleres da historia, por que elas? -Si claro que demostran, demostran que por ser emotivas non perden nada se non que gañan bastante. -¿Na obra esbozas lixeiramente non estar conforme ca testemuña que a historia otorga a muller, esta impresión parécelle acertada? -Creo que é evidente que fomos inxustamente tratadas. Soamente nos Paises Baixos quemárónse máis de 10.000 bruxas, iso quere dicir que se queimaron mulleres inxustamente xulgadas de calqueira cousa. -«Herba Moura» ten moito de reivindicativo... -Si, é o momento de facer memoria e lembrar ás víctimas. Darnos conta de que a muller acataba os modos do seu tempo sen decidir. Dende logo a muller non venceu na historia. -¿Que queres transmitir con este relato? -As mulleres de «Herba Moura» vivían en Holanda e en Suecia no séculos XVII, non é a sociedad occidental que hoxe coñecemos pero sen embargo reconocémonos nelas. Eu quería reflexar o que hai de universal no feito de ser muller. Os personaxes do libro deixan a súa testemuño coma se o colocaran nunha arca de madeira para marcares ese protagonismo colectivo que é o que quería transmitir neste libro exactamente.