As gafas de sol do Ruralex

VIGO

Reportaxe | A banda sonora da movida viguesa Hai vinte anos, Os Resentidos publicaban o disco «Fai un sol de carallo», donde se atopaba «Galicia canibal», un dos grandes éxitos da música galega de todos os tempos

11 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

, No mires a los ojos de la gente , Cultura popular , No me beses en los labios ou Miña terra galega forman parte da banda sonora da movida viguesa. Todas acadaron sona na escea musical española. Non obstante, a popularidade destas boas cancións non chegou a instalarse nos modos da fala coma si o fixo Galicia canibal , máis coñecida por Fai un sol de carallo . «A primeira vez que a tocamos en directo foi na festa do Queixo en Arzúa, en marzo de 1986, e xa notamos algo especial. Aínda non saíra en disco e no directo funcionou moi ben», lembra Antón Reixa. Ao pouco tempo saía publicada no álbum Fai un sol de carallo , polo que este ano cúmprese o seu vinte aniversario. Os Resentidos naceran catro anos antes, sendo o grupo que vencellaba cun maior criterio os diversos ingredentes que foron conformando o que dende fora chamarían movida viguesa. O seu primeiro disco deixou unha frase feita para o acervo popular vigués: Vigo capital Lisboa . Non obstante, o grande éxito fíxose agardar até o ano 1986. «A historia comezou anos antes, unha noite no Ruralex (hoxe Vademecwm). Estabamos montando moito escándalo polo que o encargado do local botounos. O tipo levaba unhas gafas de sol e coa coña que levabamos dixémoslle aquelo de ¡ei chaval, fai un sol de carallo!», explica Antón Reixa. A letra apareceu primeiramente nun texto que escribiu Reixa para Artello, para a obra Gulliver FM . «Introducín na intervención dun dos personaxes o das gafas, Galicia canibal, fai un sol de carallo. Logo ensaiando no local saíu así. Esa canción tivo unha novidade porque era insólito para nós introducir a gaita, Alberto Torrado estudiaba gaita, e cunha línea de baixo que fixo Javier Soto, estabamos casi marchando do local e saíu eso», engade. Certamente, Os Resentido mesmo chegou ser un grupo complicado musicalmente porque introducían conceptos novedosos no pop-rock que se facía enton en España. Reixa, Torrado, Soto e Losada foron quen de mesturar o pop, o rock, o folc, o hip-hope e mesmo os ritmos latinoamericanos dun xeito que aínda hoxe en día soa fresco e actual. Aínda así, Galicia canibal abríulles un espacio que endexamáis poderían tomalo en conta: as verbenas populares. «Esa canción abríunos outros públicos que non era os dos circuitos do rock, empezaron a chamarnos de comisións de festas, e fomos entrando nese circuito e eso si que eu valoreino moito naquel momento», manifesta Antón Reixa, que dende hai tempo logrou desfacerse do sanbenito que lle supoña o cualificatico polifacético. Toque racial O éxito acadado levounos á profesionalización, coa entrada de novos colaboradores e incluso a renuncia de Alberto Torrado a súa outra faceta como baixista de Siniestro Total. O grupo aínda editaría outros cinco discos máis, con cancións históricas como Galicia sitio distinto , e outras moitas, pero xa non tería algo semellante a o que fora Galicia canibal . «Ten o toque racial, e a anécdota do estribillo supera o eido do pop, para nós foi sorprendente que ocurrira todo aquelo», é quen de dicir Antón Reixa vinte anos despois. A canción coñeceu versión en inglés e vasco, e mesmo transformouse en discotequera coa misturada do ano 1994. E é que Os Resentidos fixeron música durante un tempo sen ningún tipo de complexos. «Nun momento dado a compañía de discos pediume que cantara a canción en castelán e eu dixenlles que non, pero que non tiña problema algún por cantala en inglés e máis en euskera, e aos días xa estaba gravando as versións». «Hai tempo que non vexo aos outros resentidos e vótonos en falta porque vivimos xuntos os mellores anos das nosas vidas», resume o autor da letra de Galicia canibal , unha canción que forma parte do folclore galego, como A Rianxeira ou Negra Sombra , se por folclore enténdese o acervo musical dun pobo.