Un gran edificio que non o parece

La Voz L.C.LL. | VIGO

VIGO

M.G.V. / LA.L

Análise | Arquitectura A Universidade edita dous novos libros dunha colección de luxo sobre o diseño arquitectónico da Biblioteca Central e o complexo da Cidade Universitaria

15 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Un edificio que non o parece e que lembra o submarino de Vinte mil leguas baixo os mares. Así describe Fernando Agrasar, editor da colección Arquitectura na Universidade de Vigo, a Biblioteca Central do campus de Vigo, obxecto do segundo tomo desta colección sobre arquitectura que a Universidad comenzou o ano pasado cunha obra sobre a Facultade de Económicas, proxectada por Alfonso Penela. Agrasar, xunto co vicerreitor de Planificación, Alberto Gago, presentaron onte os dous novos libros da colección correspondentes ao ano 2005, o primeiro deles da Biblioteca e un segundo máis xenérico que baixo o título A Cidade Universitaria de Vigo fai un percorrido pola evolución arquitectónica en As Lagoas Marcosende. Segundo destacou Gago, «o obxecto desta colección é premiar a boa arquitectura e o traballo dos bos arquitectos que foron deixando o seu sinal nos campus da Universidade, ao tempo que gracias a unha coidada edición pretende ser un regalo oficial da institución». O edificio da Biblioteca, obra de Alberto Noguerol e Pilar Díez, constitúe un dos elementos arquitectónicos máis identificativos do campus de Vigo, que segundo Agrasar «lembra o gran monstro máquina negro pero con entrañas confortables de Vinte mil leguas de viaxe submarino, de Jules Verne. O editor inclúe neste tomo un texto no que se refire ao edificio afirmando que «a negra xeometría da súa envoltura exterior ábrese nun negativo branco, gris claro e de cálida madeira para acoller o lector/a nalgunha revolta do longo intestino polo que flúen libros, estudantes e fragmentos iluminados da paisaxe exterior que se introducen a través de profundos cortes na grosa parede muscular da balea». Charlot As referencias culturais como clave interpretativa da estrutura son abundantes neste libro, que tamén se refire ao filme de Charles Chaplin, The Circus comparando ambas obras que teñen en común esteticamente o feito de que «a difícil e ben resolta estratexia xeométrica que o dota dunha pegada de movemento tan poderosa é, ao mesmo tempo, moi sutil», destaca Agrasar na súa contribución a este volume. A Universidade editou mil exemplares de cada tomo, 500 deles serán dóados ao Colexio de Arquitectos.