A compañía madrileña Yllana presenta a comedia «Olimplaff»

la voz | tui

VIGO

O teatro municipal de Tui na Área Panorámica acollerá este venres, ás 20.30horas, a representación da obra «Olimplaff» a cargo da compañía madrileña Yllana. Durante setenta minutos está garantido o mellor humor sobre o escenario, pero tamén nas butacas, xa que desaparecen os límites entre os actores e os espectadores. Na obra, tres deportistas competirán para lograr o posto máis alto no podio dunhas tolas Olimpiadas organizadas por Yllana. Para logralo farán uso de todo tipo de tretas e artimañas nas que o espectador tamén vai ser involucrado. «Olimplaff» é un espectáculo para toda a familia no que tres actores, ao través da linguaxe xestual, sorprendentes números visuais, o clown e pantomima farán as delicias dos máis pequenos facéndoos vivir un momento único e inesquecible. Sobre o escenario van estar os actores César Maroto, Guss, Juan Francisco Dorado «Janfri». Eles dan vida aos tres deportistas que por exemplo, en waterpolo, fan guiños á película Matrix , ou no partido de tenis lembran a Charlot. As entradas para poranse á venda o propio venres, a partires das catro da tarde na billeteira da Área Panorámica ao prezo de tres euros. Contémplanse descontos para os posuidores do carné xove ou máis, carné de estudante, xubilado, minusválido ou familia numerosa, que aboarán só dous, e os nenos menores de 14 anos pagarán só 1 euro.