As actividades aínda continúan

La Voz

VIGO

17 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O Día das Letras Galegas continúa xerando actividades ao longo de toda a semana. Así, o Centro Cívico de Teis presentará mañá, xoves, e o venres, 20, a Mostra Homenaxe ao Audiovisual Galego na que se proxectarán no seu auditorio produccións audiovisuais galegas. O xoves adicarase ós cortos e videocreacións e o venres, á película de Patricia Ferreira, Sei quen eres . Ademáis, o sábado, 21, ás 12 horas, proxectarse a película infantil Doraemon e o Imperio Maia . Por outra banda, en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix), El Corte Inglés organiza hoxe desde as 11 ás 12.30 horas no Salón Ámbito Cultural (Gran Vía, 28), un taller impartido polo ilustrador xaquín Marín, titulado «Cómo ilustrei o poemario Os sonos na gaiola» . Na Casa do Libro, mañá, xoves, ás 20 horas, celébrase unha charla-coloquio arredor da figura de Lorenzo Varela co escritor, crítico de arte e especialista na súa obra, Carlos L. Bernárdez. No mesmo local, o día 24 preséntase o libro de Antón Lopo, As tres mortes de Lorenzo Varela . Os premios do VII Concurso de Carteis Letras Galegas convocado por El Corte Inglés, entregaránse mañá, xoves, ás 19 horas no Salón Ámbito Cultural. A gañadora é Silvia Rodríguez Giráldez, de 12 anos, alumna do colexio Covaterreña, de Baiona. O seu traballo é o cartel oficial que conmemora a xornada nos centros comerciales da firma en Galicia. O Centro Cultural Rueiro de Coia rematará o vindeiro sábado, día 28, ás 20.30 horas, o seu programa das letras coa representación teatral da obra A dona do mariñeiro , a cargo do Grupo de Teatro de Priegue.