La Mirilla A cidade prepara exposicións, danzas e contacontos con motivo do Día das Letras Galegas
14 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Sobre a figura do homenaxeado deste ano polo Día das Letras Galegas, Xesús Lorenzo Varela Vázquez, moitos coñecen a súa labor literaria pero poucos a súa relación co arte. Co fin de descubrir esta faceta esquecida Caixanova ofrece, mañá ás 19.00 horas, un percorrido guiado polo seu Espacio Colección Caixanova, no que están presentes artistas galegos dos últimos 150 anos, algúns dos cales compartiron vivencias e inquedanzas co escritor. Esta exposición, que se poderá ver de xeito gratuito no centro social da entidade, ten intención didáctica e está enriquecida coas reflexións do galardoado. Ademáis da súa labor como crítico de arte en Correo Literario, que fundou con Seoane e Cuadrado en Bos Aires, publicou ensaios, artigos e monograficos sobre artistas como Murillo, Dalí ou o propio Seoane. Lingua e bailes en Teis Os veciños de Teis tampouco quixeron deixar pasala ocasión de preocuparse polo estado da lingua galega. Se onte o celebraron coa actuación titulada O baile galego e o traxe rexional, a cargo da escola Danza pasiños, o luns adicaránse a unha mesa redonda sobre a situación do galego na actualidade. O secretario da Asociación Vecinal de Teis, Anxo Iglesias, será o encargado de moderala mesa redonda que terá lugar ás 20.00 horas na sala relacional do Centro Cívico de Teis. Nela participarán os escritores Francisco Castro e Víctor Vaqueiro, da Mesa pola Normalización Lingüística estará Elsa Quintas e do Servizo de Normalización Lingüística, Marta Souto. Ademáis desta actividade, o luns na biblioteca do Centro Cívico terá lugar un contacontos en galego. Este acto, Espazo para a lectura, pretende achegarlle a literatura galega ós máis pequenos da casa. Poderán disfrutar del nenos de tóda-las edades dende as 18.00 ata as 20.00 horas. Xa no mesmo Día das Letras Galegas no auditorio actuarán o grupo de baile e gaitas Asociación Vecinal Val do Fragoso. Despois entregaránse os premios do VI Certame de Narrativa Curta. En Coia as celebracións comenzarán xa na noite da víspera da festa. Ás 22.30 no salón de actos do complexo parroquial Cristo da Victoria, poesías, contos bailes e cantigas porán o toque de festa á Noite das letras galegas. De poesía tamén estará cheo a sede das Mocidades do Partido Galeguista, situada na rúa Lepanto, pois o luns dende as 18.00 horas ata as 22.00 realizarase un maratón de lectura de poesía e prosa en galego.