«Quería facer un cambio que me devolvera a ilusión»

VIGO

Entrevista | Xil Ríos O artista de Moaña volve con «Vai e ven», un disco cheo de boas colaboracións

21 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

non é un disco máis de Xil Ríos. É unha porta que se abre á ilusión pola música. É un novo camiño polo que transitar, e ademáis con moi bos compañeiros de viaxe. -¿Que lle fixo entrar por esta nova vía da mestura co folk? -É un proxecto de dous anos de traballo. Tiña moi claro que quería facer un cambio que me devovlera a ilusión porque xa non a tiña. De feito xa me tiña prometido que mentras no fixera un traballo que me convencera non volvería a facer disco algún. Empecei a reflexionar e a investigar sobre o que quería facer e a escoitar músicas. Tamén tiven que atopar a arranxistas que entenderan a liña que eu quería. No anterior disco, hai cinco anos, tentei facer algo similar pero non tiven a sorte de atopar ao arranxista ideal. -¿Quen foi o arranxista? -Foron tres rapaces. Bugui, un dos gaiteiros do Rei de Viana, Juan de Dios, de Deluxe, y Ezequiel, un rapaz de Lugo que é o guitarrista de Mercedes Peón. Atopamos a liña de traballo e estou tan ilusionado coma cando arranquei con Xirarei ou Rapaciña bonita . -¿Non é moi brusco o cambio? -Non, si é importante, pero non é brusco porque xa teño feito incursións no folk cando grabei Tantarantán . Digamos que eres un artista con boas vendas no teu eido e claro as compañías queren que as manteñas cunha liña similar. Ahora, esta producción é totalmente miña e non hai esa necesidade. -Con este traballo ábrese vostede a un público máis amplio. -Si, eu levo 33 anos no mundo da música, e teño seguidores moi maiores, pero tamén xente nova. Presentei o disco en Luar e en Supermartes e gustou moito. -Por outra banda, vostede, ao ter outros negocios, non ten as necesidades de outros músicos que só viven das súas cancións. -Eu empecei vivindo só da música. Despois, cando formei unha familia, abrín os meus negocios de hostelería. Hai moi pouco que os deixei e podo dedicarme por entero á música. -¿Como afrontará as actuacións en directo? -Levarei unha banda amplia, posiblemente sexamos oito ou nove no escenario. Quero catro músicos de base, un ou dous gaiteiros e dous pandereteiras. Sempre levei bandas moi poderosas, sempre fun neso moi profesional. -¿Nota moitos cambios respecto a hai uns anos? -As cousas están difíciles porque as montaxes que se fan son caras porque os músicos teñen altos cachés. Pero se traballa porque Galicia ten moitisimas festas. As veces chegas a sorprenderte de as festas que montan en aldeas pequenas. -¿Este é o camiño que quere percorrer no futuro? -Si, eu son un cantante galego e estou moi orgulloso da cantidade de profesionais que naceron dentro da nova música galega. Teñen un nivel profesional brutal, antes había un gaiteiro, mentras que hoxe hai un feixe e se recuperan instrumentos.