Asvidal e o Concello inician a campaña «Alcohol e violencia de xénero»

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

22 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

A campaña divulgativa Alcohol e violencia de xénero , organizada pola unidade de tratamento de alcoholismo de Asvidal e patrocinada pola concellería da Muller, foi presentada onte pola concelleira Lucía Molares. A campaña, que consistirá na pegada de carteis divulgativos ata o xoves na Lonxa de Vigo, pretende informar á poboación da relación existente entre o alcohol e a violencia. Se ben a organización da campaña entende que o alcohol non é factor único da violencia doméstica, é certo que un alto porcentaxe de abusadores o fan baixo o seu efecto. A UE sitúa o porcentaxe da implicación do alcohol nos delictos de violencia doméstica entre un 11 e un 32%. Segundo un estudio da OMS, o 50% das mulleres ingresadas en centros de acollida presentaba abuso de alcohol. Segundo Asvidal, a violencia de xénero é a terceira causa de perda de vida saudable, e pérdense no mundo 9 millóns de anos de vida saudable pola súa causa. O centro de Asvidal é a única unidade de tratamento de alcoholismo na provincia e pola súa experiencia poden facer un perfil do alcohólico vigués: un home nunha proporción de tres a un, arredor dos 40 anos e preferentemente cun traballo eventual.