Entrevista | Lois Pena O ex alcalde volve para dirixir o partido e para liderar ó PSOE de O Morrazo
02 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Lois Pena está convencido de que as tensións sociais que o obligaron a dimitir como alcalde fai quince años están superadas. Volve decidido a poñer un novo rumbo nun partido que estaba en crise e dividido. Atopouse coa oposición de un grupo minoritario de militantes encabezados por Tomás Abalde ó que a penas lle prestou atención. -¿Que pasa no PSOE do Morrazo? -O que pasa é que hai unha falta de liderazgo. En todas partes é necesario un conductor ou un catalizador. Cando non hai un líder claro, todo o mundo se cre con capacidade para ser líder. -¿É vostede ese líder? -Non. Eu vou intentar ser un catalizador de enerxías, unha persoa que trate de aglutinar esforzos, de facer converxer ideas e desde logo, son bastante menos discutible que calquera outro líder. Os resultados das votacións están aí. -¿Fala de Cangas ou fala de toda a comarca? -Falo de Cangas, pero podo ser ese líder que está buscando o PSOE na comarca. Eso decidiranno os militantes. Eu estou disposto a facer o esforzo. Será un esforzo con data de caducidade, porque sería acabar o mandato da secretaría xeral comarcal e non repetir. Non quero máis que poñer as bases para que aparezan novos dirixentes con novas forzas e con ideas claras. -A súa volta se está entendendo como un paso para encabezar a candidatura ás próximas municipais. ¿Téntalle esa posibilidade? -Non me tenta en absoluto. Volvo a decir o de sempre pero máis cargado de bombo: non me tenta ser candidato a alcaldía de Cangas; o que non quero e que o partido concurra cunha candidatura devaluada, así que non me pecho a ser candidato. -Cre que una candidatura encabezada por vostede ofrecería garantías? -Si eu me presento será cunha candidatura que poida competir. Non vamos a ser parias nunhas eleccións municipais. O que non me vou presentar é con calquera equipo nin con calquera xente, porque hai que recuperar un electorado que temos. Neste momento, a miña prioridade é encontrar o cabeza de lista as próximas eleccións municipais; un candidato que teña garantías e que ofreza unha imaxe de solidez en canto ás súas ideas e os seus proxectos. -¿A súa volta responde a unha necesidade persoal? -Non, o contrario. Personalmente estaría na casa. Pero á vista do que estaba sucedendo, dos niveles de votos que estabamos tendo nas repetidas eleccións, creo que non podo esconder a cabeza debaixo da á, creo que lle debo a moitos militantes e simpatizantes, a moitos votantes, un novo esforzo. -¿Como cre que se toman os veciños de Cangas a súa volta? -Pois con normalidade e creo que algúns, con ilusión. Ata agora, me encontraban e me saludaban e agora me animan a presentarme á alcaldía..