Nova revista de «El Jueves»

La Voz

VIGO

Licenciado en Belas Artes na Facultade de Pontevedra, Kiko da Silva, ademáis de colaborar en La Voz de Galicia prepara tamén novos proxectos. -¿En que outros proxectos anda metido? -Esencialmente nunha nova revista semanal, Míster K , editada por El Jueves e dirixida a un público adolescente. Sairá o 6 de outubro. Ademáis, ando a preparar para Kalandraka a adaptación do conto popular Os tres porquiños para unha colección destinada a nenos autistas. -Fálenos do seu traballo nesa nova re-vista. -Está dirixida por Maikel e eu terei dúas series fi xas, TurisTeo e Clases con Guasa . A primeira é una guía moi tola de viaxes, na que o protagonista, Teo o viaxeiro, ensinará as rarezas do planeta. E a segunda é unha historia gamberra dun eterno repetidor de instituto. -Agora ademáis está participando no Salón do Cómic de A Coruña. -Si, precisamente presentei no salón Viñetas dende o Atlántico o derradeiro número de BDbanda , a revista de cómic en galego que tamén dirixo, e estarei na presentación da granadina Dos veces breve , que fi xo un especial de autores galegos no que fi guro.