Día da clase traballadora

SILVIA BERMÚDEZ

VIGO

CUM LAUDE | O |

04 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O PASADO Primeiro de Maio celebrouse o día da clase traballadora. Pero, ¿por qué se celebra precisamente ese día? En 1881 diferentes agrupación obreiras de Norteamérica deciden unirse para obter unha maior eficacia na súa loita, adoptando o nome de Federación dos Sindicatos Organizados de EEUU e Canadá. Esta Federación buscaba unha maior unión e solidaridade dos asalariados. No Congreso de 1884 adoptou a importante resolución de esixir a xornada de 8 horas, poñendo como data da súa entrada en vigor o 1º de maio de 1886. Aloita pola reducción da xornada laboral desembocou nunha folga xeral onde participaron máis de 320.000 obreiros. Foi o estoupido da primeira manifestación unitaria do proletariado nos EE. UU. Os traballadores e traballadoras estaban aprendendo que unicamente coa súa unión e decisivos golpes poderían facer dobrar o xeonllo do xigante empresarial. A Central Obreira de Nova Iorque realizou un chamamento á mobilización de todos os obreiros para o 1º de maio baixo a consigna das 8 horas. Así, en 1886 comezou o movemento total do proletariado e a maior folga da historia dos EEUU. Sucedéronse numerosas folgas dando como resultando a morte de ducias de obreiros baixo os disparos indiscriminados da policía. O 4 de maio durante a celebración dun mitin obreiro en protesta pola brutal actuación policial, a policía, ante a tribuna dos oradores, ordenou o inmediato desaloxo da praza. Entón, ao tempo que o lider obreiro indicaba "o noso mitin é pacífico", unha bomba caeu entre os dous grupos nos que estaba dividida a forza policial, morrendo un axente. A policía comezou disparar indiscriminadamente e foron detidos os oito dirixentes obreiros que lideraban o movemento pola reducción da xornada laboral. O seu xuizo comezou o 15 de xuño ante un xurado feito para a ocasión, conformado por 12 magnates da industria e do comercio. Os dirixentes obreiros foron acusados dos máis graves delitos: atentar contra a Constitución, a Declaración de Independencia e estar implicados en asesinatos. O 20 de agosto o tribunal dictaminou na súa sentencia a pena capital para sete dos acusados. Estes acontecementos conmocionaron ao mundo. Grandes personalidades dos EEUU e celebridades universais pediron clemencia para os condenados. Institucións como a Cámara de Deputados francesa, organizacións obreiras de Italia, Rusia, Reino de España ou Francia mandaron telegramas ao Gobernador de Illinois. Catro dos condenados foron executados, outro xa morrera no cárcere en escuras circunstancias. Os dous restantes foron condenados a cadea perpetua. No 1º Congreso da II Internacional, en xullo de 1889, anunciouse o 1º de Maio como Día da Solidaridade Internacional. Silvia Bermúdez é investigadora na Universidade de Vigo e responsabel de Galiza Nova na comarca.