«O que máis lle interesa ó sueco é un reparto xusto»

La Voz

VIGO

KRISTINA BERG (SUECIA)

13 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

«En Suecia son moi pragmáticos. O que máis interesa á xente é un reparto xusto, o máis equitativo posible. Fanse táboas sobre os prototipos de familias para ve-lo que lles queda có que gañan e os impostos que teñen que pagar. Interesan as axudas sociais, sanidade, cousas cotidiáns. Páganse impostos, pero a cambio, obtense bos servicios, mellores que en España. Por exemplo, hai subsidios infantís».