Segundo se aprobou onte no Consello da Xunta, a Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos financiará, con 1.655.351,15 euros, a construcción do colector xeral entre As Eiras e Tabagón. Estes traballos forman parte do saneamento da marxe dereita do río Miño entre Crecente e O Rosal e abarcan actuacións en tres zonas, a primeira destinada a sanear a marxe dereita do río Tamuxe e, as tres restante, para a recuperación da marxe esquerda do mesmo cauce fluvial. Neste sentido, construiranse na zona de Pías tres colectores cunha lonxitude de 1.240 metros, que se conectarán co xeral. En Eiras construiase outro, tamén de PVC, e cunha lonxitude de 415 metros. Tamén se ubicarán dúas zonas de bombeo para o correcto funcionamento da rede de saneamento.