O venres 10 de outubro, ás 22'30 horas, no Centro Cultural Caixanova de Vigo, terá lugar a representación de A s Obras Completas de Will Shakespeare , de Adam Long, Daniel Singer e Jess Winfield, interpretada por Inma Antonio, Miguel Pernas e Xosé Vilarelle. é o orixinal dun ente chamado The Reduced Shakespeare Company. O espectáculo nace dun profundo coñecemento e respecto ó mellor dramaturgo de tódolos tempos. Iso si, en clave de comedia, de parodia (o que a el tanto lle gustaría), para facelo chegar ós corazóns de tódalas idades e condicións, ó neno e ó adulto, ó erudito e ó profano. Reto Librescena propón un reto: «gozar co gran autor inglés, gozármolo a cen por hora, sen baixa-lo pé do acelerador, sen dar descanso ó riso e ó sorriso». As entradas xa están á venda en taquilla telefónica (986.11.05.00) e en www.caixanova.es, dende o 3 de outubro. O mesmo día da función venderanse na taquilla do Centro Cultural Caixanova, de 11'00 a 14'00 horas e das 18'00 a media hora despois do inicio da función. Os prezos en butaca son de 6 euros; en anfiteatro 1º: 5 euros; anfiteatro 2º: 4 euros; e anfiteatro 3º: 2'5 euros.