29 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso coas modalidades de danza tradicional galega e percusión. Os interesados poden inscribirse ata o venres, 3 de outubro nas dependencias da escola situada no soto do Concello. Os prezos da matrícula polo curso completo son de 18 euros para os alumnos de 4 a 8 anos; 24 para maiores de 8 anos e 12 para alumnos de percursión. A oferta complementaria consta de actividades nas que pode participar o alumnado coas que se pretende fomentar a difusión da cultura vencellada á danza tradicional. Os interesados poden conseguir máis información no teléfono 986 810 167.