Entrevista | Carlos del Pulgar Mañá se presentarán catro novos tomos da colección Artistas galegos, dedicados a escultores e arquitectos dos séculos XIX e XX
26 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A editorial Nova Galicia, creada en 1984, presentará mañán, na Feira do Libro, a obra de Xaime Quessada El recristo del Baraña, así como os catro novos tomos da colección Artistas galegos. O seu director e socio fundador, Carlos del Pulgar, asegura que nela están representados os principais artistas galegos, tanto de pintura como de escultura e arquitectura. -¿Cal é o contido destes novos volumes? -Se trata de dous tomos dos principais escultores do século XX e outros dous dos arquitectos dos séculos XIX e XX, agrupados en función da sús tendencia artística e o seu estilo. -Habitualmente se asocia un determinado arquitecto a unha cidade, como Palacios a Vigo, ¿resulta esto correcto? -Pode decirse que, en xeral, os artistas traballan nun entorno determinado. Palacios, aínda que ten varios edificios en Madrid, moita da súa obra está en Vigo e Porriño, e incluso, existe algunha casa de verán súa en Praia América. Se poden atopar casos curiosos de nomes moi coñecidos polo nome dalgunha rúa, como o de Jenaro de la Fuente. Este arquitecto é autor de edificios de vivendas na rúa Uruguai, da escola de Enseñería de Torrecedeira e das residencias universitarias do campus sur de Santiago. -¿A qué público van dirixidas estas obras? -Nosos clientes, distribuidos por todo o mundo, son persoas ás que lles interesa á arte. Resulta curioso que en nova Zelanda e Australia a xente está desexando recibir productos que non procedan do mundo anglosaxón. -¿É Galicia un bo mercado para os libros de arte? -Estas obras son caras, debido á calidade da infografía, do diseño, do papel... Non poderíamos facer estes libros só para o mercado galego. Tivemos que incrementar a tirada e decidimos buscar novos mercados. Por eso editamos en catro idiomas, galego, castelán, portugués e inglés. -E nos países de Sudamérica, ¿atopan bo recibimento entre os emigrantes galegos? -Non, o galego emigrante non é mellor cliente de libros galegos. Eu distingo dous tipos de emigrantes: Os que se foron a traballar e lles resulta duro chegar ó final de mes e os que fixeron negocios e non teñen tempo nin interese en dedicarse á arte. A sorte é que a arte é universal, non coñece fronteiras. -En canto á obra de Xaime Quessada, chama a atención que se faga unha segunda edición despois de vintetrés anos. -A primeira edición, de 1981, coincidiu có golpe de Estado. Como de forma irónica atacaba algunha institución, o editor decidiu censurar os párrafos que poidesen resultar máis conflictivos. Desde entón, o autor ten o desexo de publicalo tal e como o escribira.