Elexir alcalde

| MANUEL V. SOLA |

VIGO

CONTRAPUNTO

07 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

RESULTA un tanto antidemocrático participar nun sufraxio no que tódalas candidaturas nos piden que votemos por un alcalde, para logo non saber cal vai ser o elexido. Cando non hai maiorías, os partidos interpretan a vontade popular e pactan un alcalde. Supoñen, pero non saben. Qué alcalde preferiría a xente. Eso, no mellor dos casos. Noutros, unicamente se discute o reparto do poder e mailos cartos dos presupostos municipais. En moitos pobos, esta democracia secudaria é un fiasco. Pensen na Baiona dos últimos catro anos, en Nigrán, Ponteareas ou no Porriño que vén. É o costume da zona: nós votamos i eles elixen. O alcalde é a figura máis representativa da vila, o persoeiro con maior rango e poder local. A súa elección non só debería ser limpa, senón tamén democrática. Vigo, por exemplo, leva anos traficando cos votos, entre partidos e concellerías. Os intermediarios da vontade popular terían que contar máis con ela e menos cos seus propios intereses. Máis rúa e menos espectáculo de hotel.