O certamen sitúa os nenos como o seu principal obxetivo e adícalles a meirande parte das actividades que vanse desenrrolar ate o domingo na Alameda viguesa
09 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Un desplegue de más de dez mil libros en galego. Actuacións. Concursos. Escritores presentando as súas obras. Iso, e máis, é o que ofrece dende onte o Salón do Libro Galego que abriu as portas na alameda viguesa. Na inauguración, á que acudiú a concelleira de Normalización Lingüística, Carmen Corbalán, maila delegada de Cultura da Xunta, Rosana Gómez, a presidenta da Asociación Galega de Editores, Fabiola Sotelo, explicou que o fomento da lectura entre os rapaces é o obxetivo fundamental do certamen xa que, según dixo, «os nenos necesitan espacios específicos, e un deles será este salón». Ó longo destes días, xa que a feira pechará o domingo pola noite, haberá especialistas que explicarán ós máis pequenos cómo se fai un libro, co fin «de que lles perdan o medo» e de que a lectura sexa un hábito para eles, sinalou a responsable da asociación que agrupa a vinteseis editoriais galegas.De feito, moitas das actividades programadas están pensadas para o público infantil. Ademáis das visitas de escolares, que se celebran hoxe e mañán pola mañá, as actividades para nenos se completan esta tarde cun concurso de debuxo no que as obras servirán para decorar o interior da carpa do salón, e o concurso de redacción Escríbeme un conto, o sábado.Tamén pasarán polo certamen un contacontos e o ilustrador Pepe Carreiro.