É a hora do recreo

La Voz

VIGO

Durante dous días, o CEIP García Barbón acolleu a exposición «Xogos populares» de La Voz de Galicia

21 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Os alumnos do CEIP García Barbón poideron coñecer pormenorizadamente, durante dous días, ó contido da colección Xogos populares galegos , que La Voz de Galicia entrega ós sábado co xornal. A entrada do colexio acolleu a exposición que percorre Galicia. En seis paneis, os alumnos e profesores coñeceron os 106 xogos que conten a colección. Unha explicación do regulamento, testemuño de famosos que practicaron o xogo na súa infancia e a historia do mesmo. Ós nenos deste centro non lles colleu de novo algúns destes xogos. A profesora de Educación Física, Paz Otero, procura amosarlle tódolos anos algún xogo tradicional ós seus alumnos. «Coincidindo co Día das Letras Galegas, amosámoslle algún xogo novo, o ano pasado o trompo tivo moito éxito, pero en outros anos tamén eleximos a peonza, o pano, as canicas que foi un éxito tremendo», recorda a profesora. Os nenos foron saíndo cara ó patio e atopáronse os paneis. O revuelo foi inmediato. Xa no patio, a ocurrencia non podía ser outra que levar a práctica algunha das suxerencias vistas nos paneis. O pano levou de seguido a formar dous equipos e tentar de levarse o pano antes de que o contrario acadara o seu obxectivo. A exposición terá un novo destino o lunes nun colexio de Tui.