«Abrir así sería unha ruína»

La Voz

VIGO

05 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O vicepatrón da confraría de Aldán, Jorge Pérez, ten claro que de manterse a idea de abrir a pesca o día 17, podería provocarse un grave problema de sobreexplotación no caladeiro da Costa da Vela. «Se se empeñara en abrir tendo pechadas as illas, sería a ruina. A Costa da Vela tería que soportar uns 300 barcos faenando. O esforzo pesqueiro sería enorme», apunta. Ademais da sobreexplotación, cabería o risco de propiciar conflictos. «Non poderían traballar. Non hai espacio para todos. Irían as nasas duns por riba das de outros. Sería un caos», engade este navalleiro de Aldán. Pérez entende que só se pode abrir a pesca se se pode faenar nos caladeiros das Illas Atlánticas, que a día de hoxe aínda teñen os fondos contaminados polo fuel. O vicepatrón de Aldán coincide co xerente da confraría de Cangas ó asegurar que o marisco non ten problemas de comercialización aínda que non apareza no mercado durante un longo período: «A proba e o precio que colleu estes días. Non temporais de inverno, en ocasións queda o mercado desabastecido durante meses e nunca houbo problemas».