Outra das medidas que adoptará en breve o Concello de A Guarda é a de crear unha zona de carga e descarga na avenida Martínez Padín á altura do cruce con Obispo Salvado. Para esta última procúrase ademáis unha solución que permita a circulación nos dous sentidos sen os problemas que se producen na actualidade. O concelleiro delegado de Tráfico e Policía Local, Xosé Manuel Sousa, manifestou que as melloras practicadas nas rúas Calvo Sotelo, Foxo e Casal Aboy, deron como resultado a axilización do tráfico e a creación dun maior número de prazas de estacionamento, contabilizándose 52 na primeira e gañando máis de dez en cada unha das outras dúas. Tódolos cambios fixéronse logo de desenvolver un estudio de densidade do tráfico no que se determinou unha media de 800 vehículos que transitaban a zona. Un total de 110 coches circulaban cara a Praza de Galicia e outros 100 o facían cara a rúa Foxo. Antes das modificacións, os atascos e retencións eran permanentes nesta zona e esixían a presencia de dous axentes nesas rúas. Xosé Manuel Sousa sinalou que «hoxe é innecesaria a presencia dos dous axentes, podéndose destinar a outras funcións».