O Concello de Tui estudia modificar o tráfico na praza de abastos

VIGO

MELITÓN

Está previsto un doble carril na rúa do vello instituto, con dirección a Portugal e a Baiona Cos cambios en Calvo Sotelo, Foxo e Casal Aboy, ganáronse decenas de estacionamentos

04 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A concellería de Tráfico, Protección Civil e Policía Local do Concello de Tui estudia estes días a modificación do tráfico na rúa Maristas, arredor da nova praza de abastos, así como tamén a zona de carga e descarga que, probablemente, terá un novo horario. Os cambios previstos adoptaranse de forma previsional mentras se remata o proxecto do estacionamento e algúnha rúa lateral. O concelleiro delegado, Xosé Manuel Sousa, sinalou que en canto o tempo o permita crearánse perto de cen novas prazas de estacionamento na rúa Maristas e outras tantas na parte traseira do mercado. Así mesmo, instalaránse provisionalmente varios indicadores mentres se remata un proxecto de sinalización axeitado ó entorno. Este plan incluirá, entre outras actuacións, indicacións dende os tres puntos de chegada á cidade tudense: dende Portugal, Porriño e Gondomar. Por outra parte está previsto habilitar un dobre carril na rúa do vello instituto, un con dirección a Portugal e outro cara Baiona. Neste senso, o sarxento da Policía Local tudense, Manuel Estévez Besada, explicou que moita xente fixo esta demanda e que a mesma resultou factible, polo que foi aceptada.