A comisión de Agricultura aprobou a proposta do BNG para que se inicien os trámites Os pescadores xa alertaran, hai tempo, de que a excesiva presencia de producto francés estaba a provocar unha «guerra de precios»
16 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A Na comisión de Agricultura e Gandeiría celebrada a pasada semana aprobouse a proposta do BNG encamiñada a que se desenvolvan as avaliacións e os estudios necesarios cara a posible denominación de orixe da «Lamprea galega». Deste xeito iníciase un periodo de traballos que o deputado, Francisco Trigo, considera moi positivo xa que «tanto consumidores como pescadores veránse beneficiados e se orixina unha sensibilizadainiciativa a prol do producto». O Parlamento tamén insta á Xunta a que, unha vez analizados os estudios, se tome a decisión máis convinte atendendo tamén á opinión dos propios pescadores, as distintas administracións e o sector comercial. O certo é que xa hai tempo que a lamprea francesa fixo a súa aparición nos mercados galegos. Sen embargo, na última temporada, notouse un forte incremento no número de pezas que se «colaron» entre os consumidores e que provocaron fortes queixas dende tódolos sectores implicados na captura e comercialización dunha das xoias gastronómicas do Miño. Non é doado distinguilas no mercado. De feito, os máis expertos no tema afirman que é case imposible distinguir os exemplares franceses dos autóctonos. É no momento da preparación cando se acentúan as diferencias, ó facer a salsa, ou no resultado final, xa que tamén hai quen mantén que é máis dura que a miñota. Diferencia Os menos expertos na materia poden apreciar a evidente diferencia no propio mercado. E é que é no peto onde máis se nota xa que, como dí o refrán, «nadie dá duros a catro pesetas». En calquera caso e, adaptando ó dito ós tempos que corren, non é o mesmo pagar a lamprea galega, que mantén un precio aproximado dende hai seis anos, de 30 euros que a francesa, que se sitúa case na metade, 18 euros.