A empresa David Fernández Grande S.L poderá facer estudios mineiros a pesares da oposición veciñal Desde o Consello da Xunta de Galicia veñen de declarar de utilidade pública un proxecto de investigación mineira no Monte Comunal de Atios. A empresa David Fernández Grande S.L. conta agora cun prazo de tres anos para facer estudios sobre o granito ornamental en catro cuadríduclas de monte. A Xunta de Montes de Atios, pola súa banda, mostrouse contraria a esta iniciativa. Desde a directiva apuntan que xa hai «bastantes explotacións» e anuncian a súa oposición ó proxecto sen descartar movilizacións.
12 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.ANA PRIETO O PORRIÑO. Correspondente O Consello da Xunta de Galicia ven de aprobar un acordo no que se declara a prevalencia da utilidade pública dun proxecto de investigación mineira en Atios. Este tema foi plantexado pola Consellería de Medio Ambiente para a ocupación temporal da área na que se desenvolverán estes traballos. Trátase dunha zona que pertence ós montes veciñais en man común da parroquia porriñesa de Atios. Este proxecto de investigación conta co permiso da delegación provincial da Consellería de Industria en Pontevedra. Segundo a Xunta trátase dun espacio que representa unha pequena superficie do monte, un total de catro cuadrículas mineiras. Por outra banda o órgano autonómico explicou que a ocupación ten un carácter temporal, que se prolongará por tres anos. A empresa que solicitou a utilidade pública destes terreos foi David Fernández Grande S.L., con sede social en Vigo. O obxectivo deste estudio de investigación mineirá é, segundo a Xunta, o granito para uso ornamental. As partes afectadas deste monte comunal ocupan unha superficie total de 1,9776 hectáreas do monte, que ten unha extensión total de 351 hectáreas. A pequena porcentaxe que supón para a superficie total asegura segundo a Xunta que non teña trascendencia para a capacidade productiva nin afectará ós valores naturais que merezan ser protexidos.