Os colectivos veciñais denuncian que a peaxe Vigo-Rande é un problema social

La Voz

VIGO

FOTOGRAFO

A asociación de Chapela e Abrente reunirase con Cuiña para plantexarlle as deficiencias de seguridade vial As Asociacións de Veciños de Chapela e Abrente, do centro redondelán, plantexaranlle ó conselleiro de Política Territorial as súas demandas en materia de comunicacións. A eliminación da peaxe no tramo Vigo-Rande é para os habitantes de Chapela unha cuestión de «xustiza social», xa que esta parroquia soporta cinco viais con elevado tránsito nun tramo de tan só 500 metros. Por outra banda esta liberalización redundaría nunha maior seguridade vial, xa que aliviaría o tráfico que cruza o núcleo de poboación.

13 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

ANA PRIETO REDONDELA. Correspondente Eliminar a peaxe do tramo de autoestrada que une Vigo co municipio de Redondela é unha longa reivindicación social. A Asociación de Veciños de Chapela conta nesta batalla co apoio do colectivo redondelán Abrente. Ambas organizacións manterán unha xuntanza co conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña Crespo, para expoñerlle os problemas da parroquia en materia de comunicacións. Foi o propio conselleiro quen propuxo mater esta reunión na súa visita a Redondela a pasada semana. O representante veciñal de Chapela, Guillermo Fontán, indicou que solicitarán plena gratuidade no tramo de autoestrada Rande-Vigo. Fontán destacou que se trata dunha cuestión de «xustiza social», xa que por esta parroquia atravesan dúas vías de tren, dúas estradas principais e a autoestrada. O presidente da asociación asegura que Chapela «pagou moito socialmente» e que a parroquia está xeográficamente moi dividida por estes viais. A seguridade vial é outro importante motivo para facer efectiva a liberalización. A avenida de Redondela, en pleno centro urbano, acolle un elevado volumen de tráfico que coa supresión da peaxe se vería reducido. Chapela experimenta ademais un constante incremento de poboación, polo que urxe unha solución.