Luis Gómez Piña, secretario xeral do PSdeG-PSOE no Condado-Paradanta O portavoz do PSdeG-PSOE na Cañiza, Luis Gómez Piña, é o novo secretario xeral da comarca do Condado-Paradanta. Os obxectivos da recén creada comisión executiva comarcal que dirixe, pasan por coordinar o traballo dos grupos municipais e incrementar os catrocentos afiliados cos que actualmente conta esta formación política. Piña é optimista respecto ó futuro dos socialistas na comarca e espera que os vindeiros comicios municipais lle den representatividade en tódolos concellos
01 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.S. QUEIMALIÑOS A CAÑIZA. Correspondente Luis Gómez Piña afronta ás súas novas responsabilidades con ilusión e sen deixar de lado o seu actual cargo de portavoz dos socialistas no concello de A Cañiza. -¿En qué concellos da comarca ten o PSOE a situación mais difícil? -Básicamente naqueles donde o partido non acadou representación institucional como son as localidades de Crecente, Covelo e Arbo. -¿Qué medidas se porán en marcha para tentar superar o frenazo sufrido nos últimos comicios? -Nalgúns concellos houbo un retroceso, pero penso que si todos nos poñemos a traballar de cara a conectar cos veciños e levando a cabo un bó traballo orgánico, poñendo ó frente as persoas que ofrezan mellores garantías á cidadanía, chegado o momento das eleccións deberíamos ser capaces de tirar cara arriba. -¿Significa iso que vai haber renovación? -Vai depender do traballo que se faga de aquí ás eleccións municipais, todavía non é o momento de entrar neste tipo de cuestións. -¿Cal é o número actual de afiliados? -No Condado-paradanta contamos con 400 afiliados que é un número importante, pero aínda así cremos que é necesario osixinarnos internamente reclutando novo capital, incidindo básicamente nas mulleres e nos mais novos e abarcando tódolos sectores da sociedade. Neste momento reunimos moi boas condicións para que se nos unan os xóvenes. -¿Qué se espera dende o partido do novo secretario comarcal? -Se espera que tiremos cara arriba. Os exámenes que vai sufrir esta comisión comarcal van ser as eleccións autonómicas á volta da esquina e os comicios municipais de aquí a dous anos. -¿Cal é a previsión? -Todos os indicadores mostran que o partido vai ter un forte crecemento nas autonómicas. Dende o punto de vista municipal temos que incrementar representatividade, obter concelleiros en tódolos municipios da comarca e acadar alcaldías. Isto é factible nalgúns concellos como pode ser o caso de Mondariz. De feito, atendendo ós últimos pactos acadados os socialistas poderíamos estar gobernando nesa localidade, xa que o PP non foi minoría por un escaso marxen de votos. -Dentro do partido ¿En qué tendecia se enmarca? -Como cargo oficial do partido o meu deber e defender a postura que está aprobada maioritariamente polos seus cargos democráticos. Ademais creo que os que integramos esta formación política cada vez temos mais claro que debemos traballar nesa dirección, outra cousa son os debates internos que podamos ter e que son lexítimos.