Por fuciños, por cacheiras

Tamara Montero
Tamara Montero CUATRO VERDADES

TELEVISIÓN

Nunca un carné significara tanto. Que temos que ser cen mil. Que neste país, por fuciños ou por cacheiras. Sempre. Que hai que saudar ao neno mercuriano. E a ti que estás na lúa tamén. E aos de Marte, que son caso aparte. Que o leite mola e que non todo é o que parece, amigo, que hai que pensalo moi ben. Que pode ser que si. Que pode ser que non. Que pode ser que sexa, pode ser ou non. Que aínda que seguimos aquí sentados mentres serven aos do lado, o que queremos é xamón. Que meu deus, que que calor fai o sol, e que non podemos aguantar ter tanta calor. Que si, que aínda que o único que nos queda hoxe é o carné de conducir, aínda berramos que que ben se pasa na fin de semana. Que non volvemos contestar cando nos preguntaban que onde vas, rapaz. Que só queremos decibeles, só queremos rocanrol. Que aínda nos coñecemos nun bar cando estamos a bailar. Seguimos a velas vir, pero non hai cousa mellor que unha partida brava de futbolín. Que ás veces metes a pata, tío. E que íscalle lura, meu rei. Que chove n’O Grove e que hai un ciclón en Escairón. Que vivían todos xuntos no nun jaliñeiro. Que isto é o gorrocóptero e que temos que buscar a bóla do dragón. Que hoxe tamén manteremos a nosa cara sorrinte. A pesar de todo. Porque pasarían 23 anos, pero somos do clube. E estamos dispostos a todo.