Raphael, estrela invitada esta noite en «Luar», da TVG

La Voz REDACCIÓN

TELEVISIÓN

Javi Etxezarreta | Efe

O artista, de plena actualidade polo seu papel na película «Mi gran noche», interpretará algúns dos seus grandes éxitos que traspasan xeración

13 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Raphael será esta noite o invitado estelar do programa Luar, presentado por Xosé Ramón Gayoso e Sonia Noguerol. De plena actualidade pola súa participación na película Mi gran noche, de Álex de la Iglesia, e pola súa xira Sinphónico, na que leva os seus temas míticos acompañados por unha grande orquesta, o artista interpretará no escenario da TVG algúns dos seus grandes éxitos que traspasan xeracións.

Outra das invitadas de Luar esta noite será a cantante Tamara, que presentará o seu último disco, Lo que calla el alma, no que amosa a súa faceta máis pop e actual.

O artista bilbaíno Alfredo Garrido, cantante, autor e produtor de proxectos musicais, como as cancións de series infantís como Marco e Mazinger Z; a asociación cultural lucense Cántigas e Frores, que promove a cultura tradicional; e o dúo Jambrina e Madrid, dedicado á difusión da música tradicional zamorana pasarán tamén polo programa, que acollerá novas edicións dos concursos Vai de gaita e Recantos.