Os concursantes de «Gran cambio» de TVG pasan hoxe de ser compañeiros a rivais

redacción / la voz

TELEVISIÓN

Ao concluír a proba coñecerase cal e o equipo que terá que abandonar o programa. Gran cambio, a aposta da TVG para competir co fútbol e os espazos do corazón que emiten outras cadeas, tivo a pasada semana un seguimento do 13,5% de audiencia, consolidándose coma un dos máis seguidos na súa franxa.

12 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Gran cambio, o programa que emite hoxe a TVG a partir das 22.00 horas, entra na décima semana na que a diferenza entre Begoña e Miguel, do equipo azul, é de 1.010 puntos, mentres que Mari Carmen e Graciela, primeira e última do equipo amarelo, tan só están separadas por 15 puntos. A igualdade no equipo amarelo, despois de nove programas de competición, é máxima e pode ser que sexa a clave do seu éxito.

No repaso aos acontecementos que os concursantes viviron durante a semana, Graciela conta que ten pensado casar este ano e que, como a toda noiva, faille moita ilusión escoller o vestido, así que o programa foi con ela e con Begoña a probar uns cantos deles para ver como lle sentan a esta panadeira, despois de nove semanas de nova vida.

Dentro das actividades deportivas da semana, os concursantes acudirán a unha pista de karts para xogarse nela os derradeiros puntos por equipos, con Sergio Vallejo, o campión de España de Ralis do 2009, dándolles consellos para que os aproveiten durante a carreira.