Xosé coñece o exclusivo clube da cadea BBC

La Voz

TELEVISIÓN

01 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

docushow | 00.00

Nova entrega de Xosé en Londres, na que o protagonista desta serie segue co seu parón na busca de traballo, polo que agora anda á procura de festa por Londres adiante.

Nesta ocasión, Xosé irá a un exclusivo clube da BBC, a mítica canle pública británica, para presenciar un concerto dunha banda na que toca un galego chamado Dani. O grupo denomínase Daniel Spiller and the Broken Band. Xosé consegue entrar neste local, onde só teñen acceso os traballadores desta coñecida cadea internacional.

Ademais, Xosé continuará aumentando a súa axenda de contacto tralo encontro que mantén co seu homólogo keniano, un africano chamado Joseph que tamén vai por Londres adiante cunha cámara gravando aos africanos que se atopan na cidade do Támesis.

Os dous videoxornalistas intercambiarán información, experiencias e anécdotas das súas vivencias na capital inglesa.