Igloo e Ultranqüans, o menú de «Música ambiente»

La Voz

TELEVISIÓN

músical | 23.00

Regresa Música ambiente á programación de V Televisión, o espazo que saca á rúa a grupos galegos para tocar en directo en lugares diferentes.

A primeira proposta vén de Vigo, do exterior festeiro ao interior máis íntimo, da man de Igloo. A súa música honesta fará que o espectador se adentre no fondo do mar e suba pouco a pouco ao ceo. Igloo preséntanos o seu último traballo nun acuario La transición de fase , onde se amosa a un Igloo mais apegado á terra. O seu último traballo combina electrónica e unha liña máis escura.

Por outra banda, viaxamando ata o rural galego descubriremos entre as vacas a música de Ultraqüans. Nacidos na barriada de Monte Alto, na Coruña, ofrecen unha mestura de psicodelia enxebre, discoteca folclorizada e melodías balcánicas, nun espectáculo cheo de festa. Xurxo Souto encárgase de entrevistalos para coñecer máis cousas deles.