Limpar «Sobre rodas» os edificios de pintadas

La Voz

TELEVISIÓN

docusoap | 21.35

Sobre rodas

e outro dos programas habituais na grella de V Televisión, que hoxe regresa con novas entregas e a mesma filosofía: mostrar a persoas que desenvolven o seu traballo en diversos medios de transporte.

Este é o caso de Alberto Pereira, o terror dos grafiteiros. Dedícase a borrar as pintadas que fan nas rúas. Céntrase sobre todo nos chamados tags , ou sinaturas dos autores nos edificios e monumentos. O programa mostrará como son as súas xornadas laborais.

Outro dos protagonistas da xornada é José Román, que utiliza a súa furgoneta para distribuír café. Recoñece que o toma habitualmente e é un bo coñecedor das principais marcas e sabores. José Ramón recoñece que non lle falta traballo. En Galicia consúmese moito café, e el tampouco desaproveita o seu traballo para poder degustalo nos bares e establecementos que percorre diariamente.