«A serie é como a vida, dá moitas voltas»

TELEVISIÓN

11 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Camila Bossa (Bogotá 1974) é unha das actrices imprescindibles no panorama audiovisual galego. Leva dúas temporadas interpretando a Adriana Calderón, unha atractiva e calculadora narcotraficante, que loita contra Carmelo Matalobos polo control do negocio da droga.

-¿En quen se inspirou para armar un personaxe coma o de Adriana Calderón?

-Moito foi a imaxinación e un pouco, as miñas experiencias vitais lembrando a miña infancia en Colombia. Mesturei prototipos e pensei nalgunha malas famosas como Diana de V, ou Ángela Channing, de Falcon Crest

-Nótase que lle gusta o seu papel.

-Os actores temos medo ao encadramento. Cando me dixeron que volvía facer de colombiana tiña certo medo, pero tras coñecer o papel dinme conta de que era un caramelo. Gañoume polo ben escrito e definido que estaba o meu personaxe. Foi un cambio de rexistro total na miña carreira, e unha aposta persoal de Carlos Portela (director de guión da serie), que lle agradezo moito. Penso que Matalobos callou na xente, porque non deixa indiferente a ninguén.

-Supoño que o do acento colombiano non foi un gran problema.

-Pois máis do que parece. Eu marchei de Colombia aos sete anos e poñelo non é tan fácil como a xente pensa. Téñome que concentrar para sacalo e ás veces sáeme o galego na serie.

-«Matalobos» é unha ficción diferente ás que convencionalmente emite TVG, que aborda nas súas tramas un tema tan controvertido coma o do narcotráfico e as súas consecuencias. ¿Pensa que nela se ofrece una mala imaxe de Galicia?

-Non. As tramas son ficción, pero beben de noticias reais. Desde planadoras. queimadas, descargas, ata clans apreixados polas forzas de seguridade, e o movemento civil que xurdiu en Galicia a causa do tráfico de droga. Todo iso é real. O narcotráfico está presente en Galicia, pero na serie tamén se ve a xente que loita contra iso. Matalobos é unha ficción moi ecuánime. De feito, a propia Garda Civil premiouna por expresar fielmente o seu labor.

-Carmelo e Adriana ¿Son inimigos tan irreconciliables como parece?

-Creo que son o yin e o yang. Repélense porque se parecen demasiado. Son orgullosos, queren o poder. Son a mesma cara da moeda e por iso funcionan tan ben.

-La audiencia está respondendo tamén nesta segunda temporada. As tramas son sorprendentes, con xiros inesperados. ¿Que espera o espectador nos seguintes capítulos?

-Estamos moi atados e non podemos dar moitos pistas. Só digo que haberá moitas sorpresas, incluso de personaxes que non se espera moito deles. Matalobos é como a vida, dá moitas voltas.