Reportaxe | Novedades musicais galegas A Real Banda de Gaitas dedicou un disco as marchas que se utilizaron históricamente nas celebracións relixiosas. Fía na Roca e Crema de Gaita tamén presentaron onte novos discos
28 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?ta mediados do século XX un dos traballos principais dos gaiteiros era acompañar as celebracións relixiosas. Aí están todavía nos archivos os contratos dos séculos XIV, XV, XVI e XVII que establecían legalmente como os gaiteiros estaban contratados para tocar en festas patronais e actos sacramentais. As actuacións tiñan como base unhas composicións que agora recolle nun disco a Real Banda de Gaitas baixo a dirección de Xosé Lois Foxo. Nos anos 50 a tradición compositiva interrumpiuse coa morte de vellos gaiteiros como o mítico Xan de Campañó, que neste disco volve a vida a través da súa gaita, que interpretou para a ocasión Óscar Ibáñez. A Real Banda foi pionera a hora de editar un disco monográfico adicado as marchas procesionais, no que incluiu o Himno Galego, como guiño ao centenario da súa primeira interpretación, e unha marcha nova composta por Foxo e adicada ao Santísimo Cristo da Unción de Santiago. Clásicos e novos Outros artistas galegos que lanzan disco son uns históricos do folk galego como Fía na Roca. Presentárono onte na Coruña baixo o título de Vente vindo . Unha das grandes novedades do grupo é que presentan unha maioría de pezas con voz. Crema de Gaita tamén presentou onte o seu traballo TanGalego en Vigo, no que misturan os ritmos galegos cos de procedencia latinoamericana.