«Os nenos non son parvos, nin lectores de segunda»

Ramón Loureiro Calvo
Ramón Loureiro REDACCIÓN

TELEVISIÓN

XULIO VILLARINO

MARICA CAMPO A Asociación de Escritores en Lingua Galega concedeulle ao seu libro «Abracadabras» o galardón de Literatura Infantil

21 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?arica Campo (O Incio, 1948), poeta e narradora de brillante traxectoria, dedícase profesionalmente, con auténtica vocación polo ensino, á docencia. E sen abandonar outros ámbitos da escritura, leva anos creando un sólido mundo literario para os máis pequenos. -¿Que cousa non pode esquecer xamais quen escribe para nenos? -Que os nenos non son parvos, nin son lectores de segunda. Os pequenos son material sensible. E podemos facer que amen a nosa lingua e a nosa literatura, ou que a rexeiten para sempre. -¿E como é hoxe a oferta en galego para eles...? -A oferta galega e en galego é moita e boa en narrativa. Falta máis poesía. O problema é que os nenos teñen maior práctica lectora en castelán e que a televisión resta moito tempo á lectura. -¿Que pode facer por un libro un premio? -Unha propaganda gratuíta que pode levar a que o coñeza máis xente. -¿Que sente ao ver o seu traballo recoñecido polos propios escritores? -Primeiro, moita gratitude. E despois a sospeita de que tiveron en conta esa carencia de textos poéticos para os rapaces da que falaba antes. Eu non esperaba o premio, e non é a resposta tópica. Competía con libros moi bos. -¿Quen sería o seu lector ideal? -Un lector inocente, no senso etimolóxico da palabra, non enviciado pola televisión. -¿Algún proxecto novo? -Un libro de poemas que xa tiña que ter saído.