A de Caldas terá que defender esta noite o seu liderado na clasificación provisional do concurso musical, posto que ocupa dende hai dúas semanas, seguida moi de cerca por Ferrol
20 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.A representante de Caldas, María Chenlo, recoñécese na música de Merche ou Malú e tenta demostrar cada sábado pola noite en Son de estrelas (TVG) que leva 16 anos enriba dos escenarios: «Ter máis idade dáche cousas que a xuventude non ten». -¿Está disfrutando desta experiencia televisiva? -É un soño. Pásanme cousas moi bonitas. Vou pola rúa e todo o mundo me di: «Veña, María. ¡Ánimo!». A semana pasada, unha señora chamou ao hotel onde traballo para pedir o meu teléfono e poder falar comigo. Emocionante. -A pesar diso, segue coa vida de sempre: pola mañá traballa de mecánica e pola noite, de cantante. -Teño clientes e vodas contratadas que non podo, nin quero, deixar. Pero, dende que estou en Son de estrelas, míranme diferente. Chego á carpintería e deixan de traballar; miran para ti coma se foses outra persoa por saír na tele. Póñome de mil colores: ¡son María, a de sempre! -Leva dúas semanas sendo a favorita do público. -Ir primeira por eles está moi ben, pero non sei se afecta á valoración do xurado. Teño as miñas dúbidas. -Os que a coñecen din que no escenario de «Son de estrelas» non parece vostede. -Fóra son moi cañera, se me visen cando traballo pola miña conta... non me recoñecerían. Pero o concurso é outra cosa e, como di o xurado: «Hai que canalizar».