03 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.
? Centro Dramático Galego constituiu o seu novo consello asesor, un órgano consultivo que asesorará á dirección do centro sobre materias que afecten aos labores artísticos e culturais, tanto no que atinxe as novas produccións como as coproduccións que leve a cabo a compañía de teatro pública. O consello estará presidido por Cristina Domínguez, directora do CDG, e estará formado por Manuel Lourenzo e Afonso Becerra como vogais de literatura dramática, María Xosé Mariño, vogal de teatro galego, Carmen Domech, asesoramento pedagóxico, e Xesús Ron en outras disciplinas artísticas.