02 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.
Estou a favor de cantas iniciativas recoñezan o labor dos escritores galegos e multipliquen a presenza das súas obras. Entreguei sempre moita enerxía para que aquel labor e esas obras non ficasen esquecidas. Velaí a homenaxe a Francisco Pillado. O Día das Letras Galegas está dedicado a un autor que xa non está entre nós. O tempo axuda a situar a obra e o autor, e a dedicatoria perde inmediatez. Existen outras fórmulas de homenaxe aos nosos autores vivos, como a Letra E da AELG, iniciativas de recoñecemento que a sociedade civil culta e memoriada do noso país dedica aos seus escritores vivos.