Reportaxe | Novas adquisicións para Galicia Os expertos do Centro Galego de Arte Contemporánea mercaron en Madrid obras de artistas nacionais e internacionais por un valor de 280.000 euros
17 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.O CGAC gastou na edición deste ano de Arco 280.000 euros, unha cifra que triplica o gasto de 90.000 a que lles obriga o compromiso adquirido coa fundación da feira internacional por ter en depósito a colección desa entidade. As cinco galerías galegas que repetiron presenza en Arco por decisión do comité de selección da feira foron obxectivo das compras do CGAC. A decisión nese escaparate galaico concrétase na galería Ad Hoc, de Vigo, onde a escolla foi para varias series a José Luis Santalla; un traballo de xiz sobre parede pintada e neon de Juan Carlos Román; e unha instalación de Jorge Perianes. Na outra galería viguesa en Arco, Bacelos, vendéronlle unha impresión dixital de Lynne Cohen e unha fotografía de Andrés Pinal dunha serie sobre faros do ano 2003. As compras nas galerías compostelás Trinta e SCQ as foron, no primeiro caso de obras de Jorge Barbi, e dúas de Berta Cáccamo; e no segundo interese recaeu no artista portugués Rui Chafes, do que mercaron unha peza. A quinta galería galega nesta feira, a ourensán Marisa Marimón, vendeulle ao CGAC unha fotografía do galego José Paz. O CGAC tamén adquiriu varias obras noutras galerías como as barcelonesas Projectesd ou Estrany-de la Mota, e a madrileña Fúcares, e estranxeiras como á parisina Ivon Lambert, a Galerie Carlier Gebaur, de Berlín, ou a Pedro Oliveira de Porto.