A nova editorial Danú abre a colección «Singulares» cun libro de Abel Méndes
TELEVISIÓN
? literatura galega conta cunha nova editorial, Danú, que vén de estrear a súa colección Singulares cun poemario de Abel Méndes, Poeticaespeculante . Trátase dunha colección de versos, divididos en tres apartados, Merenda, Efeméride en lascivia e . .. En Frigorífico , nos que o autor aborda o amor e as relacións persoais dende o punto de vista da condición homosexual. Na primeira parte, Merend a, Méndes (Berna, 1975) partiu dun propósito inicial de denuncia contra a homofobia como «unha liberación de espazos». O autor incluíu tamén poemas da súa «biografía afectiva», que se estruturan en función dos cursos académicos da súa infancia, período que Méndes recrea cunha linguaxe propia de idades temperás. A segunda parte, Efeméride en lascivia move o tempo vital ata a tardoinfancia, e o concepto da amizade é central aos versos desta sección. O poemario conclúe con . .. En Frigorífico , parte na que se relata, a modo de diario, uns días de «invidencia patóxena» na cidade da Habana. Méndes aposta forte nestes versos pola oralidade e chega tamén á brincadeira de rirse de si mesmo. O autor ten xa escritos outros cinco libros de poemas, inéditos ata o de agora.