Un voluntariado lingüístico axudará a persoas interesadas a aprender galego
TELEVISIÓN
?n grupo de galegofalantes compartirán parte do seu tempo con outras persoas que precisen axuda para aprender a lingua galega ou gañar competencia nela. Conformarán o «voluntariado de activación lingüística», que comezará nos inicios do ano 2007 en Compostela, coa intención de a aplicar con posterioridade no resto da comunidade. A Universidade de Santiago será pioneira, pois ofrecerá o seu uso para o alumnado interesado. A iniciativa está apoiada pola vicepresidencia da Xunta e polo Concello de Santiago, e a Mesa pola Normalización Lingüística será quen a promocione. Para o presidente desta entidade, Carlos Callón, o obxectivo será facilitar «unha aproximación diferente á lingua e á cultura do país». Desde onte na páxina web www.valingua.org hai información dos requisitos para exercer este voluntariado, e das vantaxes que se terán, como materiais ou entradas para actividades.