06 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
A vida por diante, a serie que levou á TVG a ser líder na súa franxa de emisión e lle outorgou o martes con máis audiencia da súa historia, volve á parrilla da canle autonómica. A nova temporada comezará o 19 de setembro, cando se emitirá primeiro capítulo, A vida segue ; un ano despois do naufraxio do Santoña, as viúvas de Sada empezarán a disfrutar de novas ilusións nas súas vidas.