Inmigrantes con gloria no deporte

La Voz

TELEVISIÓN

CADERNOS DO AIRE | TVG | 08.20

04 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O tema deste espazo documental resultará novidoso para o espectador. Nesta ocasión ocuparase dos inmigrantes incorporados ao deporte galego ao que aportaron medallas olímpicas nalgún caso e son un modelo de integración na nosa sociedade. Como Valery Yanchi ou Evelyn Manchón. A entrevista principal protagonízaa Valery Karpin, o ex xogador do Celta de Vigo.