Recomendaciones de hoy DOLMEN | TVG | 21.50
11 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Seis capítulos en formato de 90 minutos, un fenómeno social en Francia cando a TF1 a emitiu desde finais de xuño do 2005, o récord de 12 millóns de telespectadores de media, e sobre todo o ingrediente de estar rodada durante oito meses na suxerente paisaxe da Bretaña francesa, terra de dólmenes, menhires e lendas, o ambiente de misterio necesario para Dolmen, producción na que participa a propia televisión pública TF1 e que comeza cando a oficial de policía de Brest, Marie Kermeur, regresa por unhas horas a súa illa natal, Ty Kern, para casar. Pero nesas horas, o seu irmán aparece asasinado nunha especie de crime ritual. Din os paisanos que rexurde unha vella lenda, a dos Náufragos, e adiantan que haberá máis crimes... Esa é a razón pola que desde París mandan a outro policía, o comandante Lucas Fersen, para acompañala na investigación. Ingrid Chauvin e Bruno Madinier son os protagonistas, ás ordes de Didier Albert, con guión de dúas mulleres, Nicole Jamet e Marie-Anne Pezennec, ambas recoñecidas cun César francés. Con Dolmen, a TVG da un pequeno paso histórico de importancia: é a primeira vez en vinte anos que emite unha produción francesa en prime time. Ou o que é o mesmo, o produto europeo de impecable factura en vez da apisoadora de Hollywood. Unha cousa tamén semella clara: 12 millóns de franceses non poden estar errados...