Recomendaciones de hoy SEMPRE CLÁSICA | TVG | 09.45
08 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Para o xornalista e escritor Luís Rei Núñez, xefe do servizo de Cultura da Galega, con Sempre clásica "«trátase de poñer a música culta ó alcance de todos, con obras atractivas, e músicos de primeiro nivel», ao tempo que «pola selección de concertos, aspiramos a interesar ós xa iniciados e tamén gañar novos afeccionados para a música clásica». Ausente da TVG desde Moderato Cantabile, desaparecido en 1995, na súa maioría con gravacións acadadas no mercado internacional, Sempre clásica , constará dun concerto presentado polos compositores e mais dos intérpretes. A súa emisión é posible grazas ao convenio polo que Caixa Galicia patrocina a oferta cultural da autonómica. Darán prioridade á Orquestra Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía, cos seus directores Víctor Pablo e Antonio Ros Marbá, á parte dos seus músicos e tamén con mestres e intérpretes invitados (como Stanislav Skrowaceski, Frans Brüggen, Grigory Sokolov...). Completarase con concertos seleccionados de primeiras figuras actuais ou do pasado máis inmediato (Harnancourt, Abbado, Bernstein....), á fronte de grandes formacións. Abre Sempre clásica coa Sexta Sinfonía de Beethoven, desde o coruñés Palacio da Ópera e interpretada pola Sinfónica.