O Museo do Pobo crea un Instituto das Identidades

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

18 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A asamblea de socios do Museo do Pobo Galego aprobou o pasado sábado a creación do Instituto das Identidades, un ente que reestrutura o actual modelo en seccións que nunca funcionou, porque non se constituiran grupos de traballo e investigación, que agora se van poñer en marcha nos ámbitos da antropoloxía e da historia, e de problematicas actuais. O comité de dirección deste instituto integrarano o director e a secretaria do Museo, Carlos García Martínez e María Xosé Fernández, xunto con Xusto Beramendi, González Reboredo e Francisco Sangiao. Outro dos acordos da asemblea foi a creación, promovida pola Fundación Antonio Fraguas, da Sala Medio Natural, que se prevé abrir no prazo de tres anos no baixo cuberta da ala oeste do antigo convento de Bonaval. O proxecto, que foi financiado pola Consellería de Medio Ambiente, custará uns 50 millóns, para os que esperan contar co apoio de entidades que forman parte do Padroado da Fundación Fraguas como Caixanova e Caixa Galicia.